Viveiro e Porta XI pechan con vitorias a última xornada da primeira fase

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

RIBADEO 37 – VIVEIRO 49

PORTA XI 57 – PONTUMIO 68

STAR CENTER 62 – SARRIA 26

 

A última xornada da primeira fase da Segunda División júnior feminina pechouse a pasada fin de semana con tres encontros nos que competiron os equipos lucenses. O máis destacado foi o derbi mariñao entre Ribadeo e Viveiro, máis emotivo si cabe ao ser o último partido da capitá do Ría de Ribadeo, Nuria, á que as súas compañeiras despediron pola porta grande.
No meramente deportivo Viveiro foi mellor, cunha presión a toda pista coa que romperon o marcador ao seu favor cun terceiro cuarto espectacular, 7-20. Ata entón as forzas estaban igualadas, chegándose ao descanso con 17-13.
No último cuarto Ribadeo loitou pola remontada, pero os erros desde o tiro libre, a boa toma de decisións de Viveiro en ataque e a súa defensa presionante desnivelaron o derbi ao seu favor.
O Porta XI Ensino, nun encontro adiantado a esta última xornada, cedeu ante Pontumio nun partido marcador polas concesións defensivas das capitalinas. O primeiro parcial pechouse con 10-13, mentres que no segundo, con catro triplos anotados, o Ensino recortou distancias, 20-18, de cara a unha segunda parte na que Pontumio despegou no marcador ao aproveitar a fraxilidade defensiva dun Ensino que encaixou 22 puntos no último cuarto cando intentaba remontar.
Máis complicada foi a cita de María Teresa Dental Sarria ante Star Center, nun encontro no que as sarriás non xogaron un mal baloncesto, pero as baixas porcentaxes de acerto no tiro foron determinantes.
O alto ritmo imposto polas ferrolás tamén foi moi complicado de seguir por un Sarria que no encontro da primeira volta estivo máis cerca no marcador, co 42-58 co que finalizou o encontro en Novo Chanto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu