Vitorias para Viveiro, NSN 04, Burela 04 e Franciscanos, que se estrea

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

FRANCISCANOS 39 – CB SARRIA 28

CB VIVEIRO 52 – CIDADE 43

BURELA 05 38 – NSN 04 46

BURELA 04 72 – GALÉN 21

 

Despois de varias xornadas quedando ás portas, Franciscanos puido celebrar a primeira vitoria na Liga tras impoñerse a CB Sarria. As colexiais impuxeron o seu ritmo de xogo desde o inicio cun bo traballo defensivo que lles permitiu ir por diante no marcador. Un arreón da sarriás, cun parcial de 0-6 no último cuarto, puxo en apuros ao cadro lucense que, desta vez, puido repoñerse e selar o triunfo.
Na parte alta da táboa, Burela 04 gañou a un Galén que non puido competir fisicamente, e CB Viveiro a Cidade, que si puido dar a sorpresa. De feito, as capitalinas chegaron ao intermedio por diante no marcador. Na segunda metade, o bo traballo defensivo das locais cambiou o guión do encontro. NSN 04 tamén remontou o partido ante Burela 05 tras o descanso.
As competicións descansan a vindeira semana, e volven en febreiro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu