Vitorias de Sarria, Ensino 03 e Ensino 02, que segue líder

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

CB SARRIA 58 – ESTUDIANTES 42

TERRA CHÁ 31 – ENSINO 03 43

ENSINO 02 73 – CB CELTAS 20

 

Segunda vitoria consecutiva do Oral Design, que segue dando pasos adiante. As sarriás pasaron de perder o partido de ida contra Estudiantes de 29 puntos a lograr unha vitoria folgada na volta. O triunfo fraguouse na segunda metade despois dunha primeira igualada, cos dous equipos xogando de ti a ti, 27-28. No terceiro cuarto, o equipo local subiu liñas e pechou os espazos para Estudiantes, que tivo máis dificultades para anotar, 12-4. No último periodo, ataron a vitoria cun bo traballo defensivo e acerto no tiro exterior, 19-10.
Tamén melloran as sensacións o Terra Chá, que competiu ben ante un Ensino 03 cinco postos por riba na clasificación. Con todo, a vitoria foi para o club ensinista, que segue mantendo ao Ensino 02 no máis alto da táboa, igualado a vitorias con Ribadeo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu