Vitorias para San Ciprián, Ensino 02, Terras da Mariña, Ribadeo e Estudiantes

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

SAN CIPRIÁN 91 – CB VIVEIRO 29

Cuarta vitoria do San Ciprián, moi eficaz na posta en práctica do seu estilo de xogo, ante o CB Viveiro. A velocidade e o alto ritmo de anotación nas transicións ofensivas foron ampliando a renda do equipo local durante todo o encontro.

 


 

CB SARRIA 54 – ENSINO 02 72

Partido moi serio do CB Sarria que creu nas súas opcións de plantar cara a Ensino. Esa convicción, e boas accións de equipo permitironlles chegar ao terceiro cuarto en condicións de gañar o encontro, chegando a igualar o marcador. No último cuarto, a maior presenza física e experiencias das ensinistas decantou o partido ao seu favor.

 


 

TERRAS DA MARIÑA 53 – ENSINO 03 39

Ensino 03 desafiou o poderío físico de Terras da Mariña na primeira metade -con parciais de 4-10 e  13-12- , pero tras o descanso o partido tomou outro cariz. O equipo de Mariano volveu á súa mellor versión e deulle a volta ao marcador cun terceiro parcial de 23-6.

 


 

RIBADEO 87 – TERRA CHÁ 25

De novo moi fiel á súa filosofía de defensa e contraataque, Ribadeo  resolveu con comodidade o partido ante Terra Chá. Sara e Irene – 32 e 35 puntos- foron as donas do balón debaixo dos aros. O seu concurso é imprescindible para un Ribadeo que encara agora a cita co Ensino 02.

 


 

ESTUDIANTES 82 – CB CELTAS 32

Dous triunfos, e os dous xogando no Anexo, como local. A estatística demostra que Estudiantes prefire xogar na casa. Amais, o domingo o rival era un Celtas Foz en progresión, pero aínda con dificultades para tomarlle o pulso á competición e con só sete xogadoras. As estudiantís lograron axiña vantaxes que lles permitiron verse gañadoras  do encontro. Con esa confianza as locais despregaron na pista a súa mellor versión.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu