Vitorias de Sagrado, Cidade, San Ciprián, Porta XI e Estudiantes 04

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

CB CELTAS 56 – SAGRADO 57

CIDADE 57 – AG ELEVADORES 31

SAN CIPRIÁN 78 – CB SARRIA 27

ESTUDIANTES 05 12 – PORTA XI 62

CB VIVEIRO 31 – ESTUDIANTES 04 81

 

Por un punto dirimiuse o partido entre CB Celtas e Sagrado, na zona media da táboa. A igualdade predominou durante todo o encontro, xogado de poder a poder, con parciais para os dous lados, A balanza desnivelouse nas dúas últimas posesións. Julián marcou os dous tiros libres na última para os visitantes, e a sorte viroulle as costas ao Celtas Foz no último tiro para gañar.
Os de Rubén Engroba comezan a levantar a cabeza tras un calendario inicial moi esixente, -Estudiantes e Cidade de Lugo-, e enlazan o segundo triunfo tras vencer a pasada xornada ao CB Viveiro.
Precisamente o Cidade de Lugo tiña o encontro máis esixente entre os equipos que ocupan o alto da táboa. Os de Christian saíron airosos do encontro ante un AG Elevadores Sarria que chegou ao encontro moi mermado con dous alevíns completando a lista de 8 xogadores cos que afrontou a cita. Tras uns primeiros minutos de imprecisións polas dúas partes, os locais tomaron o mando no marcador. Subiron o nivel defensivo, explotando as súas condicións físicas, e afinaron de cara a canastra. Así, ao descanso, o equipo de Christian acumulaba 13 puntos de renda. AG Elevadores igualou o terceiro cuarto, 13-11, tras unha tímida reacción, pero o cansazo pasoulles axiña factura.
San Ciprián e Estudiantes 04 resolveron sen dificultades os seus encontros dunha xornada da que o Porta XI sae tamén refozado. O equipo de Alfonso celebrou a súa primeira vitoria na Liga tras impoñerse a Estudiantes 05 nun partido marcado pola diferenza física entre os dous equipos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu