Vitorias de Ribadeo, Estudiantes e San Ciprián para rematar o ano

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

CB RIBADEO 61 – CB SARRIA 54

ESTUDIANTES 82 – TERRA CHÁ 28

SAN CIPRIÁN 62 – ENSINO 03 36

 

O CB Sarria puxo a proba o liderado do Ribadeo  no último partido do ano. As mariñás lograron unha renda de 11 puntos no primeiro cuarto pero, no segundo, as visitantes equilibraron o duelo e recortaron distancia, 29-23 ao descanso. A reacción do Sarria obrigou ao Ribadeo a poñer na pista ao seu quinteto titular e subir liñas defensivas para evitar o intento de remontada visitante. As ribadenses rematan o ano invictas,               con seis triunfos, os mesmos que San Ciprián, que sufriu máis do previsto para impoñerse a un Ensino 03 moi aguerrido. Estudiantes tamén rematou o ano con bo sabor de boca, ao impoñerse a Terra Chá, nun partido no que apenas deron opcións as súas rivais.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu