Vitorias de Galén, CB Sarria e CB Burela na Liga Provincial infantil feminina

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

GALÉN ENSINO 42 – CIDADE DE LUGO 41

ESTUDIANTES 39 – SARRIA 43

BURELA 69 – ENSINO 04 18

 

Galén Ensino e CB Sarria saíron vitoriosos dos dous partidos máis igualados da segunda xornada na Liga Provincial infantil feminina.
As colexiais impuxéronse a Cidade de Lugo por un punto de diferenza, grazas a un triple a falta dun minuto para rematar o partido no Anexo. O resultado ao descanso, 18-19, da conta da igualdade coa que se desenvolveu o encontro. O primeiro parcial foi favorable ás visitantes, 6-10, que protagonizaron un bo inicio tanto en ataque, logrando boas situacións de tiro, como en defensa, parando os contraaques dun Galén Ensino que entrou na cancha con certo nerviosismo e falta de confianza en ataque.
O paso dos minutos xogou a favor das de Amir Taboada, que foron endurecendo a defensa e subindo o ritmo de xogo. No segundo cuarto as ensinistas comezaban a ver o aro máis grande e a finalizar mellor as xogadas.
Cidade seguiu impoñéndose no rebote e anotou varios puntos en segundas opcións, rematando o segundo período cun parcial de 12-9, que as mantiña por diante no marcador cun punto.
Tras o descanso mantívose a igualdade, cos dous equipos xogando a un gran nivel e un parcial de 12-12 ao final do terceiro período.
No inicio do último cuarto, Cidade logrou unha pequena vantaxe que obrigou a Galén Ensino a presionar e arriscar en defensa, pero a aposta saíulles ben ás de Amir Taboada, que volveron igualar o marcador.
O partido estaba destinado a resolverse por detalles, e nun final moi emocionante en que puido gañar calquera, as locais acabaron levando a vitoria cunha tripla de Laura Varela a falta dun minuto para o final, que Cidade non puido igualar.
Con máis marxe, logrou o seu triunfo o CB Sarria, que debutou esta fin de semana na Liga despois de descansar a primeira xornada.
Ao descanso as sarriás gañaban de catro, pero foi no terceiro cuarto cando despegaron no marcador empezando a facer máis importante a diferenza.
No outro partido disputado a pasada fin de semana o CB Burela 2004 comezou o seu bo nivel neste inicio de Liga impoñéndose a Ensino nun partido que se pechou no terceiro cuarto.
As burelás, que encabezan a clasificación polo basketaverage, terán unha xornada de descanso antes de medirse a Franciscanos. Ensino 04 terá outra complicada cita ante Galén Ensino.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu