Vitorias para Galén, Viveiro e Franciscanos na Liga Provincial infantil feminina

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

ESTUDIANTES 47 – GALÉN 62

CB SARRIA 36 – CB VIVEIRO 39

FRANCISCANOS 39 – CIDADE 28

 

CB Sarria estivo moi cerca de lograr a súa segunda vitoria consecutiva ante un CB Viveiro que decidiu o encontro na prórroga. As locais chegaron a acumular 20 puntos de vantaxe na primeira metade, pero as mariñás reaccionaron cun gran terceiro cuarto e levaron o partido ao tempo extra. Unha canastra e un tiro libre déulles o triunfo.
Franciscanos impúxose a Cidade nun partido no que comezou a despegarse no marcador no segundo cuarto, cun parcial de 7-3, e que amarrou cun gran traballo defensivo na segunda metade.
A outra vitoria da xornada foi para Galén Ensino, que venceu a Estudiantes. Tras un primeiro cuarto igualado, 14-16, no segundo as ensinistas aumentaron a intensidade na presión, o que lles permitiu roubar moitos balóns e anotar en finalizacións en contraataque ata lograr un parcial de 12-22. Unha diferenza decisiva de cara ao desenlace do encontro xa que, na segunda metade, as forzas volveron a equilibrarse.
A competición chega ao parón de Semana Santa con tres xornadas por disputar e co CB Burela 04 como principal candidato a facerse co título provincial e coa praza para xogar a fase de Ascenso á Liga galega da categoría.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu