Vitorias de Ensino 03 e Estudiantes antes do parón de Semana Santa

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

 

ENSINO 03 46 – SAN CIPRIÁN 32

TERRA CHÁ 39 – ESTUDIANTES 74

 

Cos partidos de CB Ribadeo e Ensino 02 aprazados ata despois do parón de Semana Santa, a actualidade da competición pasa polas vitorias de Ensino 03 e Estudiantes esta fin de semana. Menos previsible parecía a das ensinistas, que perderan o partido de ida (62-36) e chegaban ao encontro con tres vitorias menos na clasificación. No entanto, a convicción das locais derrocou os prognósticos. Pese a non estar acertadas en ataque, a intensidade en defensa permitiulles ir abrindo, aos poucos, distancia no marcador. Estudiantes repúxose ás baixas e venceu ao Terra Chá, que non puido dar continuidade ás boas sensacións coas que remataron a pasada xornada.

 

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu