Vitorias de Ensino 02, Ribadeo, Terras da Mariña e Ensino 03 para pechar a primeira volta

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

SAN CIPRIÁN 43 – ENSINO 02 62

ESTUDIANTES 34 – RIBADEO 51

TERRAS DA MARIÑA 54 – CB SARRIA 47

CB CELTAS 28 – ENSINO 03 48

 

A primeira volta concluíu cunha xornada que ben podería ser ensaio dunha posible final four, con dous partidos entre os catro primeiros clasificados, San Ciprián-Ensino 02 e Estudiantes-Ribadeo.
Ensino 02 venceu a San Ciprián nun partido cunha primeira parte vibrante, cun ritmo altísimo e un intercambio constante de canastras. As capitalinas desnivelárono cun parcial de 2-17 no terceiro cuarto, ante un equipo local desaparecido da pista. O Ribadeo impúxose a Estudiantes nun encontro intenso, no que as mariñás foron sempre por diante sen conseguir despegarse no marcador ata o terceiro cuarto, coas estudiantís cargadas de faltas.
A xornada completouse cos triunfos de Terras da Mariña, ante un Sarria aguerrido que comezou o partido cun parcial de 0-7, e Ensino 03 ante Celtas, que empeza a sacar a cabeza.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu