Vitorias de Cidade, Sagrado Corazón, Celtas Foz, AG Elevadores, San Ciprián

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

 

ESTUDIANTES 04 – CIDADE 56

SAGRADO CORAZÓN 56 – CB VIVEIRO 39

ENSINO 36 – CELTAS 46

AG ELEVADORES 65 -SANEAMIENTOS SARRIA 38

SAN CIPRIÁN 56 – ESTU 05 6

 

Cidade impúxose a Estudiantes 04 no choque entre dous dos equipos invictos da Liga Provincial masculina. O equipo de Cristian Martín déulle un golpe case definitivo ao partido no segundo cuarto, 2-20. Moi activos en defensa, e movendo ben o balón en ataque para tiros fáciles, os visitantes lograron unha vantaxe suficiente para rematar o partido sen pasar apuros, malia a mellora de Estudiantes na segunda metade.
Cidade mantense na cabeza da táboa con tres vitorias, as mesmas que San Ciprián, que resolveu pola vía rápida un encontro desequilibrado, contra a xeración máis nova de Estudiantes.
Cuarto, con dous triunfos, sitúase o Celtas Foz, que fixo valer un bo primeiro cuarto, 6-20, para levar o partido ante Porta XI Ensino.
Sagrado Corazón estreou nesta terceira xornada o seu casilleiro de vitorias tras vencer ao Viveiro. Os de Rubén Engroba aproveitaron as facilidades que lles deu a falta de efectividade do Viveiro para encarrilar o encontro no primeiro cuarto, 15-2.. A falta de xogadores do Viveiro, que acabou o encontro con só catro na pista, afastou calquera opción de remontada visitante.
No derbi sarriao, AG Elevadores venceu a Saneamientos nun partido que deixou xogadas espectaculares no terceiro cuarto.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu