Vitorias de Cidade, AG Elevadores, San Ciprián, Estudiantes 04 e Sagrado Corazón

En 2ª División, Infantil, Infantil Masculino

CELTAS FOZ 48 – CIDADE 50

CB VIVEIRO 53 – AG ELEVADORES 60

SAN CIPRIÁN 93 – PORTA XI 42

ESTUDIANTES 05 3 – ESTUDIANTES 04 54

CB SARRIA 9 – SAGRADO 59

 

Quinto triunfo de Cidade, que mantén a condición de equipo invicto tras impoñerse a un Celtas Foz que volveu ceder no minutos finais do partido. Despois dun primeiro cuarto de cor visitante, 12-18, os mariñaos aumentaron a presión defensiva e puxéronse por diante no marcador cun parcial de 18-7 no segundo cuarto. O encontro mantívose igualado ata o último cuarto en que, cun bo traballo defensivo ante os xogadores máis determinantes do Foz, Cidade levou a vitoria.
AG Elevadores Sarria venceu ao CB Viveiro tamén nun final apertado. Tras un partido igualado, nun ida e volta contínuo, no que os sarriaos estiraron a diferenza ata os sete puntos, 28-35 ao descanso, o Viveiro empatou o encontro, 47-47, a poucos minutos para o final. Nese momento clave, AG Elevadores volveu retomar o control do partido para facerse coa terceira vitoria da temporada.
A clasificación segue liderada polo San Ciprián, que rompeu o partido contra Porta XI nunha primeira parte cun altísimo acerto en ataque que lle permitiu chegar aos 58 puntos.
Estudiantes 04, no derbi estudiantil, e Sagrado Corazón tamén lograron vitorias solventes nos compromisos correspondentes á sexta xornada da Liga.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu