Vitorias de Celtas e Ensino 03 nunha xornada na que se aprazaron dous encontros

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

CB CELTAS 57 – TERRA CHÁ 33

ENSINO 03 64 – CB SARRIA 59

 

Ensino 03 e Floristería Madeira CB Sarria protagonizaron un igualado choque entre equipos da zona media da táboa neste inicio da segunda volta. As ensinistas lograron as primeiras vantaxes grazas o seu dominio no rebote ofensivo, pero no segundo cuarto o xogo igualouse, cos dous equipos anotando con facilidade. O equilibrio mantívose tamén durante o terceiro cuarto no que, sen embargo, as sarriás volveron a mostrar unha debilidade no rebote, que acabou decantando o partido a favor das capitalinas. O choque entre CB Celtas e Terra Chá volveu rematar con vitoria das mariñás, que asentaron o triunfo na súa mellor primeira parte.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu