Vitorias de Burela 04 e NSN 04 e dous partidos aprazados

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino

ESTUDIANTES 43 – CB BURELA 04 59

CB SARRIA 43 – NSN 04 48

 

A quinta xornada da competición deixa a priemira vitoria de NSN 04, que fixo valer o seu acerto nos tiros libres para levar o partido disputado no Novo Chanto. O primeiro cuarto, 14-6, parecía poñer no bo camiño ao MGR CB Sarria pero unha reacción a tempo de NSN 04 cambiou o sentido do encontro. As ensinistas puxéronse por diante no segundo cuarto grazas a unha boa defensa e a súa velocidade en ataque, 8-18. O equipo de Nuria mantivo a iniciativa, pero cunha marxe escasa que lle deu ao CB Sarria opcións de volver igualar o encontro, 41-41. A partir de aí, o acerto das visitantes nos tiros libres decantou o partido.
O outro partido disputado, Estudiantes-CB Burela 2004 resolveuse coa terceira vitoria ás da Mariña, ás que lles custou marcar distancias ante un rival moi aguerrido.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu