Vitoria de Porta XI ante Ribadeo e de Viveiro ante Sarria nos derbis provinciais

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal

RIBADEO 53 – PORTA XI 55

CB VIVEIRO 53 – CB SARRIA 51

 

A xornada dos equipos lucenses na Segunda División júnior feminina resúmese en dúas derbis provinciales que non se decidiron ata os últimos segundos. En concreto en Ribadeo, o Porta XI Ensino impúxose cunha canastra de Nicole a falta de tan só dous segundos coa que as capitalinas consumaban unha gran remontada no último minuto de xogo.
Ata entón o encontro disputouse de poder a poder, con intercambio de canastras no primeiro cuarto, 13-12, e cun gran acerto no tiro exterior das capitalinas no segundo cuarto polo que se foron con máis 6 ao descanso. Na segunda parte reaccionou Ribadeo e chegou a mandar por cinco puntos no último minuto no que Ensino déulle a volta ao marcador.
En Viveiro, o Carferlo quedouse coa vitoria ante Sarria nun partido que tamén se decidiu na recta final. As visitantes chegaron cun punto de vantaxe ao descanso, 29-30, pero na segunda parte un 18-12 no terceiro parcial puxo por diante ás de Vicente Piñón, que aguantaron o amago de remontada sarriá cun último parcial de 6-9, grazas ao esforzo colectivo en defensa.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu