Vitoria con moi boas sensacións para Estudiantes mini feminino

En 1ª División, Alevín

GEMMA – Estudiantes

“Nos vamos contentas del partido de vuelta a la competición por habernos reencontrado con nuestro mejor juego. Seguimos trabajando en este momento clave de la competicón”

PONTUMIO 13 – ESTUDIANTES 63

Boas sensacións na volta á competición de Estudiantes, que gañou por KO a Pontumio. O equipo lucense entrou no partido cunha alta intensidade defensiva, que lle permitiu roubar balóns e encadear canastras fáciles en contraaques, poñendo terra polo medio co rival desde o primeiro sexto, 1-17. Ese parcial inicial fixo que o equipo gañase confianza e que todas as xogadoras asumiran protagonismo, aparecendo sen renunciar a ningún tiro. En defensa, ningunha concesión ao rival, 0-18 no segundo período.
Tras o paso polo vestiario, o equipo lucense baixou a defensa e pagouno o seu xogo de ataque, moito máis espeso e ineficaz. Pontumio conseguiu anotarse o sexto, 9-7. Con todo, a renda de Estudiantes era suficiente para chegar ao final sen pasar apuros. De feito, estaban a só seis puntos de pechar a acta, algo que acabou ocorrrendo no quinto período cando se chegou a un parcial de 2-8. Nos minutos restantes, apostaron por ataques máis longos co obxectivo de mover rápido o balón e involucrar a todo o equipo en cada xogada.
Uns minutos de preparación de cara aos próximos encontros. O vindeiro rival das estudiantís será o Pío XII.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu