Vitoria estudiantil exercendo a condición de líder

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Victoria importante en una cancha difícil”

CULLEREDO 44 – ESTUDIANTES 66

Estudiantes deu un golpe sobre a mesa en Culleredo nun encontro máis importante do que pode parecer, xa que á marxe de manter o primeiro posto, as de Julia Penal volveron gañar a un rival que presumiblemente tamén estará na segunda fase, na que se terán en conta os resultados directos entre os equipos do mesmo grupo.
O rival e a pista, unha das máis complicadas da competición, esixían unha boa versión das celestes e estas non fallaron. Cimentáronse desde a defensa nos primeiros minutos, mentres que en ataque romperon a defensa un para un das locais con boas tomas de decisións e minimizando erros para irse no marcador con 8-17 nos primeiros dez minutos.
No segundo cuarto a defensa lucense fixo augas nas penetracións e nos bloqueos directos dun Culleredo que se meteu no partido cun parcial de 18-14 co que deixaba o marcador en 26-31 ao descanso.
No intermedio, Julia Pena conseguiu enderezar o rumbo do seu equipo. Estudiantes axustou a defensa e en cada ataque era capaz de sacar canastra ou falta, polo que empezou a romper o marcador ao seu favor cun terceiro parcial de 10-23. A boa dinámica continuou ata o final do encontro guiando ás lucenses a unha vitoria con tintes de gran importancia.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu