Vitoria doble para CB Burela e de Cidade ante NSN 04 na infantil feminina

En 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

CB BURELA 05 51 – CB SARRIA 50

NSN 04 42 – CIDADE 58

FRANCISCANOS 30 – CB BURELA 04 81
O MGR CB Sarria quedou ás portas de dar a sorpresa ante o CB Burela O5 en Vista Alegre e sumar a súa segunda vitoria da temporada.
As sarriás parecían ter encarrilado o partido ao descanso, ao que chegaron con 20 puntos de vantaxe, despois de ser superiores nos dous primeiros cuartos, 8-18 e 7-17, pero as locais déronlle a volta ao encontro na segunda metade.
A presión das burelás levou o nerviosismo ás filas das visitantes, que non souberon administrar a vantaxe e acabaron perdendo nos tiros libres por un punto de diferenza, 51-50.
Sexta vitoria para Cidade de Lugo, que levou o encontro no último cuarto. Ata daquela a igualdade e as alternativas no marcador estaban sendo a tónica, cun 38-38 no electrónico ao final do terceiro período.
O encontro cambiou radicalmente no derradeiro cuarto. As de Ángel González secaron ás ensinistas, que só lograron catro puntos nos últimos dez minutos e anotaron con facilidade desnivelando o partido cun último parcial de 4-20.
O CB Burela 04 venceu ao Franciscanos e afronta o sprint final polo título de Liga como líder invicto con 11 vitorias noutros tantos partidos.
A cinco xornadas para o final do campionato, só Galén Ensino, que descansou esta fin de semana, e mais CB Viveiro teñen opcións matemáticas de disputarlles a coroa ás de Carlos Madar.
O outro partido da décimo terceira xornada da Liga entre Estudiantes e CB Viveiro disputarase o vindeiro 21 de abril.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu