Vitoria do Durán Maquinaria Ensino ante Porriño con picos altos e baixos

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal grande

JUAN NÉCEGA – Ensino

“Debemos mantener una línea de juego más regular. Con rachas no es suficiente”

ENSINO 87 – PBB A 47

Terceira vitoria consecutiva para un Durán Maquinaria Ensino que enlazou picos de bo baloncesto con outras fases máis discretas na clara e contundente vitoria ante PBB no Anexo.
Porriño saltou á pista con moita intensidade defensiva, algo que non podería manter ao longo dos corenta minutos, pero mentres lles duraron as forzas estiveron no partido.
O primeiro cuarto pechouse con 15-8. Pouco a pouco Ensino foi atopando vías para atacar con máis fluidez e deste xeito empezou a abrir oco no marcador co 22-14 do segundo parcial, que deixaba a diferenza en 15 puntos ao descanso, 37-22.
Ao comezo da segunda parte o Durán Maquinaria quixo sentenciar o encontro pola vía rápida e conseguiuno. A defensa raiou a gran nivel, secando a Porriño, mentres que os ataques foron dinámicos e con boas porcentaxes de acerto. Todo isto viuse reflectido no marcador cun terceiro parcial de 31-7.
Co partido visto para sentenza o último cuarto foi un intercambio de canastras, 19-18, co que os dous equipos intentáronse sacar de encima o intenso frío que acompañou ás xogadoras ao longo do encontro no Anexo.
O Ensino viaxará a Ourense a próxima xornada para medirse con Bosco Salesianos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu