Vitoria do CB Burela pola vía rápida tras un gran primeiro cuarto

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino, Principal

LUIS V. FDEZ – CB Burela

“Partido para probar cosas distintas para poder mejorar”

MARISTAS 58 – CB BURELA 77

O Burela sumou a súa terceira vitoria da tempada na Coruña ante Maristas nun encontro no que pese a non ter unha boa posta en escena nos primeiros compases do xogo, os mariñaos empezaron a despegar a mediado o primeiro cuarto para poñer terra polo medio no marcador cun primeiro parcial de 9-24.
Quince puntos de vantaxe que chegaron tras uns minutos de xogo espectaculares nos que moveron moi ben o balón ata atopar posicións claras de tiro. aos que se engadiron boas porcentaxes para rozar os trinta puntos nos primeiros dez minutos.
A boa dinámica continuou no Burela no segundo cuarto, no que os herculinos eran incapaces de frear o vendaval mariñao. Desta forma, cun novo parcial a favor, 13-23, a diferenza foise ata os 25 puntos ao descanso, deixando o partido sentenciado co 22-47 que reflectía o marcador.
Sen a presión do resultado, Luís Fernández aproveitou o terceiro e cuarto parcial para dar confianza a todos os xogadores repartindo minutos de vara aos próximos encontros, á vez que probaron diferentes situacións de xogo en partido para levalas á práctica nos próximos encontros.
Con todo iso Maristas puido meterse no partido pero tan só recortou sete puntos nunha segunda parte moito máis disputada que a primeira, na que o Burela, por momentos, varreu da pista ao seu rival.
Na próxima xornada os mariñaos volven xogar a domicilio, nesta ocasión será en Ferrol ante un equipo que vén de perder con claridade ante Estudiantes e que tan só suma unha vitoria nas seis xornadas disputadas. É logo unha boa ocasión para confirmar as boas sensacións e asinar a cuarta vitoria nesta Liga Galega Preinfantil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu