Vitoria cómoda do Estudiantes ante Seis do Nadal

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

SISE PEINÓ – Estudiantes

“Partido que nos viene muy bien para ir recuperando la confianza”

SEIS DO NADAL 17 – ESTUDIANTES 94

Estudiantes tivo un plácido encontro en Vigo ante Seis do Nadal no que as lucenses aproveitaron para subir a confianza perdida nas últimas xornadas e para recuperar as boas sensacións, sobre todo en ataque.
Pese a que Estudiantes era consciente de que o seu rival é un dos máis débiles da competición, lonxe de afrontar o encontro con relaxación, as de Sise Peinó competiron dende o primeiro minuto a un gran nivel, e iso viuse reflectido no marcador co 2-30 do primeiro parcial. Xa no segundo as rotacións mantiveron un listón alto e todas as xogadoras aportaron. Unha boa proba diso é que todas participaron anotaron algún punto no tempo que estiveron en pista.
Ao descanso o marcador xa era de 9-45. Pero na segunda parte Estudiantes volveu ter intensidade, deixando de novo a Seis do Nadal en tan só dous puntos anotados no terceiro cuarto.
Ao final, a diferenza foise ata o definitivo 17-94 co que as celestes esperan recuperar as boas sensacións de cara aos próximos encontro.
Na próxima xornada Estudiantes ten un duelo directo polo podio da Liga Galega júnior feminina ao recibir en Lugo a Pío XII, un conxunto con catro vitorias e dúas derrotas, as mesmas que Estudiantes.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu