Vitoria celeste pola vía máis rápida

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

Estudiantes pechou a acta na primeira metade

Estudiantes segue demostrando a súa posición hexemónica na competición na que suma a terceira vitoria por K.O. KFC Culle, sen experiencia en Liga Galega, non tivo opción algunha ante a superioridade física e o ritmo de xogo que o equipo de Gemma Souto impuxo desde o inicio do encontro.
As estudiantís saíron á cancha acertadas na circulación de balón e na toma de decisións rematando o primeiro periodo cun parcial de 7-34. As lucenses, con todo o equipo dispoñible por primeira vez na temporada, non baixaron o acelerador no segundo cuarto, no que estiraron a diferenza ata os cincuenta puntos antes de que rematase a primeira metade.
O vindeiro rival das estudiantís será o CLB, que chegará ao Anexo con bos números: catro vitorias en cinco partidos.

“Nos hemos acercado al equipo que podemos llegar a ser. Esperemos seguir en esta línea para este final de primera vuelta. Buen trabajo”                       GEMMA SOUTO  Estudiantes Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu