Vitoria de caché para presentar a candidatura oficial nos play off

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Después de dos partidos competiendo a alto nivel, a la tercera fue la vencida. El equipo, de 10”

RC CELTA 53 – ESTUDIANTES 55

Estudiantes avisou no primeiro encontro directo fai un par de semanas no que se viron as caras co Celta, pero no segundo deron un golpe de efecto e un subidón de moral para afrontar o que queda, xa que o Celta volverá a asomarse no horizonte se Bosco non perde a súa vantaxe á fronte da clasificación nas dúas xornadas que restan por disputar da Liga regular.
Estudiantes ofreceu o seu mellor baloncesto nos momentos da verdade. As de Julia Pena empezaron faltas de ritmo, con demasiado respecto, e por iso encaixaron un parcial inicial de 6-0. Con todo, a reacción non se fixo de esperar e a partir de aí Estudiantes exprimiu ao Celta.
Ao final do primeiro cuarto o marcador reflectía un axustado 17-14, pero no segundo as lucenses o bordaron. A defensa obrigou a tirar ás viguesas ao límite e en ataque. Tras romper a súa primeira liña de presión, chegaban con vantaxe numérica para anotar con facilidade ata darlle a volta ao marcador cun segundo parcial de 11-17 co que se poñían por diante ao descanso, 28-31.
O potencial de ambos equipos volveu verse cara a cara tralo paso polos vestiarios, cun terceiro cuarto de máxima igualdade que finalizou con 11-12 e que deixaba a Estudiantes con máis 4 de cara aos últimos dez minutos de xogo.
O último cuarto foi unha oda ao baloncesto entre dous equipazos. O cansazo xogaría un papel importante en ambos equipos, pero as lucenses sacaron forzas de fraqueza á hora da verdade. A falta dun minuto Candela anotou unha canastra coa que Estudiantes se poñía un arriba. O Celta anotou tamén e Marta volveu adiantar ás celestes, esta vez con tan só trinta segundos por diante. As locais pediron tempo morto, pero á volta atopáronse cunha defensa espectacular de Estudiantes que roubou a posesión por medio de Marta, a base asturiana recibiu falta e foi á liña de tiros libres. O balón non quixo entrar e Celta dispuxo doutro ataque para gañar no que a defensa estudiantil volveu estar de libro, e de novo Marta roubou e recibiu falta persoal. Nesta ocasión, anotou un e asinou a vitoria de Estudiantes por dous puntos, 53-55.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu