Vitoras para Celtas, Sarria, Ribadeo e Ensino cadete feminino

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino, Principal

TERRAS DA MARIÑA 44 – CELTAS 47

SARRIA 72 – SAN CIPRIÁN 63

RIBADEO 75 – ENSINO 03 39

ENSINO 02 73 – TERRA CHÁ 18

 

Despois de varias semanas en liña ascendente, o CB Sarria demostrou que nada hai de casualidade na súa xeira de resultados, vencendo a un San Ciprián que estaba pelexando pola Liga. As de Adrián López foron de menos a máis nun partido que desnivelaron a falta de seis minutos cun cambio defensivo zonal que secou a anotación do San Ciprián, que só puido anotar unha canastra en xogo ata o final do encontro. Cun emocionante final culminou tamén a terceira vitoria do Celtas esta temporada ante un Terras da Mariña que está acusando a ausencia de Mencía. A falta dun minuto e medio, as visitantes parecían ter o partido controlado, pero as laurentinas puxéronse por diante a falta de trinta segundos. Lonxe de resignarse, o Celtas creu nas súas opcións e roubou dous balóns que lle serviron para levar o partido.
A xornada completouse con vitorias do Ribadeo, cunha gran actuación da suá nova incorporación, Fátima, e Ensino 02.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu