Versión máis efectiva que vistosa nunha nova vitoria de Estudiantes

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino

JULIA PENA – Estudiantes

“Mal partido, el madrugón nos pasó factura”

PÍO XII 48 – ESTUDIANTES 58

Estudiantes demostrou que tamén conta cunha versión máis efectiva que vistosa para momentos e partidos nos que o equipo está máis espeso do normal.
Estudiantes tivo que madrugar moito para viaxar e medirse con Pío XII en Santiago. Un hándicap que marcou o inicio do encontro no que ás de Julia Pena custoulles igualar a intensidade das locais. Pero co paso dos minutos, malia non estar ao seu nivel habitual, conseguiron tomar o mando do partido para chegar ao descanso con máis 16, 20-36.
Na segunda parte o conxunto celeste despegou no marcador da man de Claudia, letal dende máis aló da liña de 6,75, co que se chegou a unha diferenza máxima de 26 puntos,
Acto seguido a propia Claudia tivo que retirarse lesionada, o que provocou un desconcerto nas lucenses que aproveitaron as compostelás para engadirlle un gran acerto no tiro exterior para comprimir o marcador. Pero Estudiantes reaccionou e con dous bos ataques e dúas boas defensas nos minutos finais sentenciou o partido.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu