A versión máis cruel do baloncesto cebouse cun equipo que non o merecía

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Sólo tengo palabras de agradecimiento para este equipo. Con ellos me iría, sin miedo, a competir contra cualquiera que se nos pusiera por delante. Son excepcionales”

ESTUDIANTES 97 – SEIS DO NADAL 68

ESTUDIANTES 74 – COB 81

O Estudiantes júnior masculino non tivo o recoñecemento que os de Ángel Riobóo se mereceron este ano a nivel clasificatorio, e o baloncesto Galego quedarase para sempre en débeda con este equipo.
Trazaron a tempada de menos a máis. Demostrando cada fin de semana, sobre todo a partir do ecuador da competición, que eran o mellor equipo, pero o destino ofreceu a súa versión máis cruel. Tiveron o título de Liga na man, pero arrebatáronllo no Anexo ante Seis do Nadal. O consolo pasaba polos play off, nos que se quitaron a espiña en semifinais ante o mesmo Seis do Nadal, mentres que a última pedra no camiño era o COB. Como ao longo da tempada volveron ir de menos a máis neste partido, pero de novo sobroulles o tramo final.
Estudiantes soubo aprender dos erros ante Seis do Nadal, ao que se impuxera en semifinais, rompendo a zona con boas porcentaxes no tiro exterior e colapsando o xogo interior do seu rival. A vitoria, 97-68, que 20 días ante resistiuse, dáballe agora o pase á final onde esperaba COB, e tras eles o Campionato de España.
Ourense empezou mellor, 12-28 no primeiro cuarto. A partir de aí Estudiantes remou contracorrente ata darlle a volta ao marcador e poñerse cunha máxima vantaxe de 7 puntos ao inicio do último cuarto. Por diante, pouco máis dos sete minutos que non se puideron volver xogar ante Seis do Nadal.
Neles o COB tivo a oportunidade de remontar nun final de partido no que a moeda puido caer para calquera lado, pero o destino volveu elixir cruz para un Estudiantes que viviu esta tempada a cara máis cruel do deporte.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu