Unha vitoria de moito mérito para Estudiantes, que mantén a terceira praza

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“La capacidad para sobreponernos a situaciones adversas nos permitió llevarnos una victoria muy importante para nosotros”

SEIS DO NADAL 53 – ESTUDIANTES 76

Estudiantes tivo un esixente debut en Vigo tralo parón de Nadal, pero logo de levarse a vitoria ante Seis do Nadal saen reforzados ao manterse na terceira posición a falta dunha xornada para chegar ao ecuador da competición.
O conxunto que dirixe Ángel Riobóo foi de menos a máis nun encontro marcado pola permisivilidade arbitral ao comezo do partido no que Estudiantes non anotou nos primeiros cinco minutos e encaixou un parcial inicial de 8-0.
Riobóo solicitou un tempo morto e conseguiu que o seu equipo se adaptase ao que pedía o encontro, subindo a intensidade defensiva, sendo máis agresivos con balón e pechando o rebote para impedir segundas opcións dos locais.
A melloría celeste tivo a súa continuidade no segundo cuarto, no que Estudiantes sorprendeu a Seis do Nadal cunha defensa a toda pista coa que roubaron e anotaron en rápidas transicións para empatar o encontro ao descanso, 31-31, tras verse con ata 10 puntos por baixo no marcador na primeira parte,
Xa na segunda parte Estudiantes fíxose co mando do partido, impoñendo o seu ritmo e sacando aos locais da pista co paso dos minutos cun parcial demoledor que lles levou a unha vantaxe de máis 16 no terceiro cuarto.
No último os lucenses non concederon ningunha opción á remontada local e ata ampliaron a vantaxe ata o 53-76 final cun último parcial de 10-17.
Con esta traballada pero fortalecedora vitoria, Estudiantes recibirá a Sigaltec na última xornada da primeira volta, coa intención de empezar a segunda metendo presión aos dous primeiros clasificados.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu