Unha vitoria máis para ser campioas

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal grande

O CB Ribadeo xogarase o título a cara ou cruz a próxima fin de semana na casa ante Basquet Coruña

LOS ROSALES 39 – CB RIBADEO 78

O triunfo a domicilio ante Los Rosales e a derrota de Basquet Coruña contra Culleredo deixa o título de Liga en mans das de Jose Vázquez, que o próximo domingo ás 12, na derradeira xornada, xogaranse todo no duelo que as mide ás herculinas. Ademais, a derrota das coruñesas da pasada fin de semana fai que as mariñás non teñan que recuperar o average, polo que o triunfo, sen importar a diferenza de puntos, chégalles para proclamarse campioas.
Para chegarse a este punto o CB Ribadeo tivo que esforzarse ao máximo, contra Los Rosales, xa que Jose Vázquez tan só puido contar con 5 xogadoras para este encontro, tres de elas en idade cadete.
Coñecedoras da derrota de Basquet Coruña as mariñás fixeron un partidazo e exhibiron o seu mellor baloncesto para encamiñar o encontro xa na primeira metade, cunha gran Jessi que fixo tres triples nos dous primeiros cuarto e con Irene, a xogadora máis determinante na pista, que rematou con 42 puntos, más da metade dos que fixo o CB Ribadeo.
Con 23-44 ao intermedio as mariñás, pese a non ter rotacións no banco, non baixaron o ritmo e seguiron ampliando a vantaxe na segunda metade para levarse o encontro por 39-78 e chegar co mellor sabor de boca posible á última xornada, na que as de Jose Vázquez se poden proclamar campioas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu