Unha derrota a medias en Santiago

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

Os celestes tiveron opcións de vitoria ata o final e salvaron o average

Estudiantes volveu de Santiago cun sabor agridoce tras perder ante Rosalía un partido disputado de poder a poder durante 38 minutos e con superioridade compostelá nos dous finais, coincidindo coa eliminación de Olloqui por faltas persoais, o que propiciou un claro dominio local no rebote. Pese a iso Estudiantes conseguiu salvar o basketaverage, un mal menor co que se tiveron que conformar pese a ter opcións de vitoria ata os últimos 120 segundos.
O partido foi con valor e espectacular na primeira parte, con vantaxes para un e outro equipo que non superaban os tres puntos. Estudiantes cun xogo máis sólido e Rosalía con moitísimo acerto desde o tiro exterior para finalizar a primeira parte con 45-47.
Na segunda parte a Estudiantes custoulle un pouco máis, pero a falta de sete minutos mandaba no marcador, e a dous para o final un dous máis un local coa quinta falta de Olloqui desnivelou o partido co máis cinco para Rosalía. A partir de aí Estudiantes sufriu pero salvou o average particular.

“Una pena, ya que pudimos llevarnos el partido, pero al final por lo menos salvamos el average” JAVI PEINÓ Estudiantes Lugo

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu