Una versión demasiado irregular do Cidade no debut na fase de ascenso

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

ADRIÁN GONZÁLEZ – Cidade

“La falta de intensidad y el poco acierto nos condenaron”

PORTO SIN 64 – CIDADE 59

O Cidade de Lugo debutou na ultíma rolda que lle separa de volver á Liga Galega júnior masculina cunha derrota ante Porto Sin, nun partido con demasiados altibaixos no que as lagoas defensivas e as baixas porcentaxes en momentos puntuales marcaron o resultado final.
De saída Cidade estivo a un gran nivel en ataque, atopando vías para anotar con facilidade, pero algunha concesión defensiva propiciou que o primeiro parcial terminase cun axustado 12-15.
No segundo cuarto os locais castigaron a Cidade nas transicións, e con iso conseguiron darlle a volta ao marcador cun parcial de 21-15 que deixaba o resultado en 33-30 ao descanso.
Os peores momentos dos lucenses no encontro chegaron ao comezo da segunda parte, e Porto Sin aproveitouno para abrir oco no marcador e chegar aos últimos dez minutos cunha vantaxe de nove puntos. Cidade exprimiu as súas opcións de vitoria no último cuarto, pero a falta de acerto evitou que puidesen culminar a remontada pese a impoñerse no último cuarto por 12-16.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu