O último ensaio para Estudiantes antes de comezar a segunda fase

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Especialmente en este partido, me gustaría felicitar a todas las niñas por su esfuerzo y por cómo compitieron hasta el final”

ESTUDIANTES 49 – GIRALDO 55

Estudiantes remata a primeira fase como primeiro de grupo malia pechala cunha derrota ante Giraldo, que avisa da esixencia do segundo treito do campionato. Nun partido de alternativas, con dous cuartos para cada equipo, as pontevedresas cortaron a xeira de quince vitorias das estudiantís.
O encontro comezou cun intercambio de canastras entre os dous conxuntos que deixou en 17-19 o parcial do primeiro periodo. No segundo, o camiño cara a canastra dificultouse para os dous equipos, pero a igualdade mantívose. Giraldo puido romper o encontro no terceiro cuarto, no que chegou a acumular 17 puntos de vantaxe, pero, aínda sen ter moito polo que pelexar de cara á clasificación e con varias xogadoras cargadas de faltas, Estudiantes enganchouse de novo ao partido e recurtou distancias ata deixar a diferenza en 6 puntos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu