Última xornada na Liga provincial cadete masculina e feminina

En 2ª División, 2ª División, Cadete, Cadete Feminino, Cadete Masculino, Principal

As vitorias de San Ciprián, Estudiantes Azul, Ensino e CB Viveiro puxeron o broche a unha liga decidida desde hai dúas xornadas, cando os de Manolo Cobas se alzaron co Título provincial poñendo fin ao pulso que mantiveron cos estudiantís durante boa parte da competición. O encontro máis igualado da derradeira xornada foi o que enfrontou aos campións co Ribadeo.

Un derbi comarcal que se resolveu a favor dos de Manolo Cobas, máis acertados na toma de decisións no último cuarto despois dun encontro no que primou a igualdade.
Con maior diferenza asinaron as súas vitorias Estudiantes Azul, Ensino e Viveiro, que fixo o seu mellor partido da temporada en canto á anotación chegando aos 106 puntos, 45 deles de Carlos. A barreira dos 100 puntos só se superou en dúas ocasións nesta liga, por parte de Ensino e Ribadeo.

Cadete feminino
A competición feminina tamén botou o peche a pasada fin de semana. O Ribadeo, campión desde hai tres xornadas, puxo a guinda ao campionato cunha vitoria ante Estudiantes cun guión épico con Aldara como protagonista. A base, que se retirou mancada, volveu á pista nos últimos minutos para decantar con tres puntos un partido de poder a poder no Anexo. Terras da Mariña e Terra Chá tamén concluíron o seu paso polo provincial con vitoria.
Mentres, no Grupo 2, Ensino 04 arrebatoulle a primeira posición ao CB Sarria tras gañar un igualado duelo directo na Frigsa.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu