Tui sorprendeu de inicio na semifinal

En 1ª División, Cadete Masculino

A posta en escena rival foi mellor e Estudiantes pechou demasiado cedo a tempada na final four en Santiago

 

ESTUDIANTES 62 – TUI 75

Estudiantes caeu demasiado pronto. O conxunto de Javi Peinó chegaba con todas as espadas no alto para intentar o asalto ao Campionato de España, pero Tui espertou aos lucenses do soño.Estudiantes xa deu demasiados síntomas de irregularidade ao longo dos partidos no tramo final de Liga, pero estes emendábanse con picos de bo xogo ou con algunha derrota sen consecuencias. O problema chegou cando non había marxe de erro.
Tui marcou un nivel de esixencia moi alto desde os primeiros minutos nos que ademais Anxo tivo que retirarse lesionado nun nocello. A Estudiantes púxoselle o partido costa arriba e tivo que remar contracorrente desde o tramo inicial cun primeiro parcial de 19-22.
A arbitraxe foi permisiva e a Tui veulle como anel ao dedo, ampliando a vantaxe ata o 29-38 co que se chegou ao descanso.
Con vinte minutos por diante para seguir con vida esta tempada, Estudiantes conseguiu igualar o nivel de dureza de Tui, empatando o encontro mediado o terceiro cuarto, pero nos momentos craves, Tui tivo un gran acerto no tiro exterior. Nos últimos dez minutos, sen marxe de erro, Estudi antes fallou un par de accións e Tui contestou con acerto exterior para sentenciar o encontro e apear aos celestes do soño da final.

 

“Pese a la derrota y no haber hecho un buen partido el trasbajo de todo el año fue muy bueno y estoy contento con la progresión de todos los jugadores” JAVI PEINÓ Estudiantes Leyma

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu