Triunfos de Porta XI, Sarria e Ribadeo no derbi mariñao ante CB Viveiro

En 2ª División, Júnior, Junior Feminino

PORTA XI 58 – BASQUET CORUÑA 25

CB SARRIA 64 – OBRADOIRO 30

CB VIVEIRO 41 – CB RIBADEO 55

 

A xornada na Segunda División júnior feminina veu marcada pola vitoria de Ribadeo no derbi ante Viveiro. Un triunfo que nos dous encontros da primeira fase foi para o conxunto de Vicente Piñón, pero as de Jose impuxéronse nesta ocasión e seguen líderes de grupo.
As locais tiveron moitos problemas para anotar con fluidez ante o potencial de Ribadeo na zona desde os primeiros minutos, 6-14 ao final do primeiro cuarto. No segundo Sara e Fátima dominaron a pintura e a diferenza ao descanso foise ata os 16 puntos, 12-28.
Viveiro buscou a remontada poñéndose a 10 no terceiro cuarto, pero as locais chegaron moi mermadas ao tramo final, con catro xogadoras lesionadas e outra expulsada por faltas ante un Ribadeo que, con dous triplos consecutivos de Andrea, sentenciou o derbi mariñao.
O Porta XI Ensino e Sarria tamén venceron nos seus respectivos encontros. O conxunto capitalino tras dar un recital defensivo ante Basquet Coruña, nun partido que se xogou sempre ao ritmo imposto polas de Miguel López, sen encaixar en ningún parcial máis de 10 puntos. Pola súa banda Sarria puxo terra polo medio no marcador desde os primeiros minutos, cun parcial inicial de 22-2 no que foron superiores en todas as facetas do xogo e co que tomaron unha renda que foi determinante ao longo do resto do encontro disputado en Novo Chanto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu