Triunfo estudiantil ante un Sarria en liña ascendente

En 1ª División, Alevín, Principal

Os visitantes recurtaron distancia tras os dous sextos iniciais e colocáronse a tres puntos a trinta segundos do final

O segundo derbi lucense da temporada na liga galega saldouse cunha nova vitoria para Estudiantes, que vencera a Maristas na xornada inaugural, e moi boas sensacións para o MGR Sarria, máis cómodo na categoría a medida que suma minutos. De feito, os de Xabi López-Acevedo foron de menos a máis no partido no Anexo, malia quedar relegados no marcador con dous parciais de 16-9 no primeiro e segundo sexto, os visitantes creron na remontada que tiveron a só tres puntos a falta de trinta segundos para o final do encontro. A ansiedade por darlle a volta a volta ao marcador precipitou algúns fallos de canastras fáciles que os apartaron do obxectivo final.
Na próxima xornada Estudiantes repetirá coma local no terceiro derbi consecutivo que xogarán, nesta ocasión ante Ribadeo, e Sarria recibirá a Ferrol.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu