Tres vitorias locais no inicio da competición feminina cadete de segunda división

En 2ª División, Cadete, Cadete Feminino

Terras da Mariña empeza con forza

T.MARIÑA 57 – ESTUDIANTES 47

 

Irene e Sara foron decisivas

RIBADEO 54 – SAN CIPRIÁN 36

 

Dominio total do Ensino no Anexo

ENSINO 02 88 – CB VIVEIRO 8

 

A primeira xornada acabou cun diagnóstico unánime por parte dos adestradores, que agardan que os seus equipos progresen, e tres triunfos dos equipos locais.
O Ribadeo impúxose ao San Ciprián, que debuta en competición oficial xa que o club non contaba ata agora cun equipo feminino, As ribadenses deixaron entrever algunhas das cualidades que as levaron a gañar o título provincial a pasada temporada, en infantil. Sara e Irene volveron ser dous pesadelos para as defensas rivais dominando o rebote nas dúas canastras. Malia que o resultado final non admite dúbidas, o Ribadeo non despegou no marcador ata o terceiro cuarto, cando ampliou a diferenza a 16 puntos para afrontar o último período no que tamén acabarían impoñéndose.
Máis axustado foi o triunfo de Terras da Mariña ante Estudiantes. Despois de entrar contra prognóstico na loita polo título o ano pasado, as laurentinas afrontan a temporada coa intención de reafirmarse. As locais impuxeron a súa defensa en zona ante as estudiantís,
Pola suá parte, o Ensino 02 logrou unha cómoda vitoria ante o CB Viveiro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu