Tras cinco derrotas consecutivas, o parón será ben recibido en Ribadeo

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAMA – Ribadeo

“El objetivo para la segunda vuelta es volver al nivel defensivo de principio de temporada, porque es el único camino para poder competir en esta liga”

PELETEIRO 91 – RIBADEO 63

O parón de Nadal, que suspenderá a competición durante un mes, será ben recibido por Ribadeo para desconectar un pouco e volver coas pilas cargadas para afrontar os adestramentos, nos que deben recuperar a súa mellor versión de cara á segunda fase da tempada.
Ribadeo chega coas forzas moi xustas a estas datas tras empezar o curso con moita esixencia en pleno verán. Grazas a ese traballo conseguiron o histórico ascenso, pero a luz de reserva acendeuse e no parón deben recargar o depósito.
A última saída do ano era esixente, xa que visitaban a pista de Peleteiro en Santiago, segundo clasificado e cunha soa derrota. Pese a iso, Ribadeo empezou o encontro cunha gran versión, especialmente en ataque coa que se impuxeron no primeiro parcial, 18-20.
Nos segundos dez minutos o goteo de puntos non foi tan fluído, mentres que en defensa Peleteiro atopou vías para darlle a volta ao marcador e chegar con máis 9 ao descanso, 38-29.
O inicio da segunda parte sería clave, xa que Ribadeo podía aguantar o tirón ou descolgarse. O parcial inicial de 8-0 a favor dos composteláns puxo terra polo medio no marcador, pero sobre todo minou a moral dos mariñáns. Tras un tempo morto de Sama Ribadeo conseguiu enderezar o rumbo en ataque, pero a defensa viuse superada por un Peleteiro que anotou 33 puntos neste parcial, poñendo rumbo fixo ata a súa sexta vitoria nos sete encontros disputados.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu