Estudiantes irá a Santiago a pola matrícula de honra

En 1ª División, Infantil, Infantil Feminino, Principal

JULIA PENA – Estudiantes

“Partido duro, contra un rival que compite muy bien”

ESTUDIANTES 59 – BBCA 38

Estudiantes xa é campión zonal tras impoñerse a Costa Ártabra e perder Peleteiro, o seu próximo rival, na Coruña ante Maristas.
Tras esta traballada vitoria, o conxunto de Julia Pena viaxará na última xornada a Santiago para medirse con Peletiro en busca de terminar esta primeira fase con matrícula de honra nun partido que vale dobre, xa que o resultado contará para a segunda fase.
Para chegar con estas opcións á última cita, Estudiantes tivo que facer os deberes ante un correoso rival no Anexo. Un Costa Ártabra que se mantivo durante moitos minutos na loita polo partido grazas ao seu gran acerto no tiro exterior e ás lagoas defensivas das lucenses, de aí que ao descanso se chegara cun marcador de 29-24.
Estudiantes non puido despegar no terceiro parcial, xa que o seu rival sacaba tallada dos erros celestes e das súas altas porcentaxes no tiro para chegar aos últimos dez minutos tan só sete puntos abaixo.
As celestes puxéronse serias no último cuarto, foron intensas, defenderon e correron como poucos equipos poden facer nesta categoría e non lle deron máis opcións ao seu rival.
Ao final, vitoria, título zonal e coa moral moi alta de cara á última xornada desta primeira fase.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu