Trala lesión de Iker o encontro cambiou para CB Ribadeo

En 1ª División, Infantil, Infantil Masculino

SAMA – CB Ribadeo

“Todo el equipo tiene que dar un paso al frente, empezando por los entrenamientos semanales. No podemos depender de ningún jugador para competir al máximo”

CULLEREDO 86 – RIBADEO 43

En Culleredo víronse dous encontros nun mesmo partido, marcado pola lesión de Iker mediado o segundo cuarto.
Ata entón Ribadeo estaba sendo mellor, atacando con fluidez e levando o mando no marcador cun primeiro parcial de 15-21.
A boa dinámica continuou ao comezo do segundo cuarto, pero no ecuador deste parcial, Iker tivo que retirarse do encontro por unhas molestías que non lle permitiron volver participar. O base mariñao saíu con 18 puntos e con Ribadeo por diante no marcador.
A partir de aí o partido foi outro, os locais subiron a súa liña de presión e propiciaron moitos roubos de balón cos que lle deron a volta ao marcador antes do descanso e sentenciaron o encontro na segunda parte con autoridade.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu