Traballada vitoria do Ensino, que na próxima xornada xogarase o liderado nun duelo directo

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

AIGOR ROMO – Ensino

“Un encuentro muy incómodo, en el que con esfuerzo, conseguimos sacar adelante el partido”

CORTEGADA 53 – ENSINO 60

O Cafés Candelas Ensino estreou o 2018 cunha traballada vitoria en Vilagarcía ante Cortegada, nun partido no que todas as xogadoras aportaron en defensa e en ataque ao anotar puntos todas as que participaron ao longo dos corenta minutos de xogo.
A falta de competición durante o parón de Nadal propiciou que as lucenses entrasen frías ao encontro, faltas de ritmo, pero co paso dos minutos romperon a suar e exhibiron un baloncesto moi completo para tomar as primeiras vantaxes no marcador co 10-19 co que finalizou o primeiro cuarto.
No segundo Cortegada exprimiu as súas opcións e aproveitou certos momentos de relaxación no Ensino para meterse de cheo na loita polo encontro, cun parcial de 19-14 que deixaba o marcador nun axustado 29-33 ao descanso.
O Ensino volveu tomar as rendas do encontro tralo paso polos vestiarios, pero cando parecía que poñería rumbo fixo á vitoria, apareceron de novo perdas de balón innecesarias coas que Cortegada recuperou o pulso e chegou con vida aos últimos dez minutos.
O cuarto parcial empezou con sete puntos de vantaxe para Ensino, unha renda que as de Aigor Romo souberon manter pese a non estar de todo cómodas en ataque. Ao final, vitoria traballada e que permite ás lucenses encarar o próximo encontro ante Rosalía con boas sensacións.
Ensino xogarase no Anexo o primeiro posto, ao estar empatados ambos equipos con 7 vitorias e dúas derrotas no alto da clasificación.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu