Toque de atención no Anexo

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

Estudiantes, que xa viña xogando con lume, queimouse ante un sorprendente Peleteiro 

ESTUDIANTES 81 – PELETEIRO 83

Estudiantes viña xogando con lume e ao final os de Javi Peinó termináronse queimando. Nesta ocasión os picos de bo xogo non foron suficientes, xa que en defensa os celestes nunca estiveron ao seu máximo nivel.
As cousas non pintaban ben desde os primeiros minutos, cun parcial inicial de 16-18 ante o que Estudiantes reaccionou no segundo cun 26-25 que lle deixaba un punto abaixo ao descanso.
As diferenzas para un e outro equipo ao longo dos primeiros vinte minutos apenas superaron os dous puntos. Esperábase a reacción lucense na segunda parte ante un Peleteiro que apura as súas opcións de chegar á recta final de tempada con opcións de meterse nos play off. Con todo, Estudiantes nunca chegou a activarse de todo en defensa.
Atrás concedeuse demasiado e en ataque a toma de decisións non foi a mellor, propiciando perdas e contraataques do rival. Ao último cuarto chegouse con menos catro no marcador e nos últimos dez minutos Estudiantes tan só puido recortar dous, 22-20, polo que Peleteiro propiciou a sorpresa nunha xornada na que os lucenses non aproveitaron a derrota de Tui para poñer distancia na clasificación co terceiro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu