O título Galego, en xogo o venres

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Feminino

Estudiantes recibe ao Celta a partir das 17:00 horas no Anexo

 

CÍA. MARÍA 39 – ESTUDIANTES 77

Estudiantes está a corenta minutos de alzarse co título Galego preinfantil feminino. O conxunto que dirixe Gemma Souto recibe ao Celta de Vigo, segundo clasificado, o vindeiro venres a partir das 17:00 horas no Anexo nunha auténtica final.Unha vitoria e ata unha derrota por menos de oito puntos daríalle ás celestes o campionato da Liga Galega preinfantil. Unha auténtica final na última xornada para a que Gemma Souto espera contar con todas as xogadoras por primeira vez nos últimos meses.
Ante Compañía de María en Vigo a Estudiantes só lle valía gañar e conseguírono con suficiencia. A posta en escena estivo ata por encima das expectativas e cun bo baloncesto e acerto as lucenses tomaron o mando no marcador cun primeiro parcial de 13-26.
No segundo cuarto as rotacións permitiron a Estudantes manter un ritmo moi alto co que levaron o marcador ata o 17-41 co que se chegou ao descanso.
As locais suscitaron unha defensa pechada ao comezo da segunda parte que Estudiantes rompeu con tiros exteriores e cargando ben o rebote para ampliar a vantaxe ata o definitivo 39-77.

 

“Afrontamos la recta final muy ilusionadas y preparadas para el último encuentro. Ojalá podamos estar todos juntos por primera vez en varios meses”GEMMA SOUTO Estudiantes

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu