Terceira vitoria da tempada para o Estudiantes ante Rosalía

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Salimos contentos de Santiago y con la cabeza puesta en el próximo partido ante Obradoiro”

ROSALÍA 65 – ESTUDIANTES 72

Cuarta vitoria consecutiva para un Estudiantes que chega en forma e con todos os xogadores dispoñibles para recibir ao líder da competición, o invicto Obradoiro, a próxima xornada nun duelo directo polo liderado da Liga Galega júnior masculina.
Para chegar ao próximo encontro con esas opcións os de Ángel Riobóo tiveron que impoñerse a Rosalía, conxunto ao que lle teñen tomada a medida ao ser esta a terceira vitoria noutros tantos encontros disputados ante os composteláns esta tempada.
A mellor noticia de inicio era que o técnico lucense contaba con todos os seus xogadores para este encontro tras recuperar aos lesionados. Con todo o persoal dispoñible, Estudiantes exhibiu un ton defensivo moi alto, sobre todo na primeira parte, na que deixou aos locais en tan só 27 puntos nos primeiros vinte minutos de xogo.
Rosalía sobreviviu grazas ao seu acerto no tiro exterior e a algún rebote ofensivo para chegar ao descanso con 27-39. Na segunda parte os santiagueses suscitaron unha defensa zonal que o conxunto celeste non tardou en derrubar, ampliando a diferenza ata unha renda máxima de 17 puntos no terceiro parcial.
Aos últimos dez minutos chegouse con máis 14 para un Estudiantes que acusou o esforzo realizado, sobre todo en defensa, ao longo do partido, algo que se viu reflectido en ataque, onde os celestes baixaron notablemente as súas porcentaxes de acerto, pasando do 52% ao 22% neste último cuarto.
Ao final Rosalía recortou distancias, pero a renda adquirida polos lucenses no resto do encontro foi suficiente e nunca chegou a inquietar en exceso o intento de remontada local.
Con boas sensacións tralas catro vitorias consecutivas e sobre todo tras recuperar a todos os xogadores lesionados, Estudiantes encara esta semana de adestramentos coa moral moi alta para preparar da mellor forma posible o encontro ante o invicto, ata a data, Obradoiro. O líder da Liga Galega júnior masculina alzouse coa Copa Galicia na que eliminou a Estudiantes da final por con un axustado 64-72.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu