Terceira vitoria consecutiva dun Estudiantes que exhibiu o seu gran estado de forma

En 1ª División, Júnior, Junior Masculino

ÁNGEL RIOBÓO – Estudiantes

“Finalizamos una buena semana de entrenamientos con la satisfacción del trabajo bien hecho”

CULLEREDO 57 – ESTUDIANTES 88

Estud8iantes está de doce e volveuno a demostrar na pista de Culleredo, onde se impuxo con autoridade con momentos de moi bo baloncesto.
O bo traballo semanal tivo a súa continuidade e reflexo no encontro, onde Estudiantes levou a iniciativa dende os primeiros minutos ante un rival que se mantivo no primeiro cuarto, 13-18, grazas ao seu acerto no tiro de tres puntos. Pero para acerto o dos lucenses no segundo parcial, no que varreron da pista a Culleredo cun 67% en tiros de campo co que levaron o marcador ata o 21-43 ao descanso tras un cuarto que finalizou con 8-25.
Trala tregua do intermedio, Culleredo intentou cortar a sangría cunha defensa zonal, e conseguírono nos primeiros minutos da segunda parte, pero tras un tempo morto solicitado por Ángel Riobóo, os celestes volveron á pista coas ideas máis claras tras axustar un par de conceptos cos que volveron reconducir a situación para finalizar este terceiro cuarto cun novo parcial a favor, 13-19.
Co partido visto para sentenza de cara aos dez últimos minutos Estudiantes tivo que sobrepoñerse ás rigorosas decisións dos árbitros, que sinalaron ata nove faltas coas que Culleredo puido anotar con fluidez dende o tiro libre. Pola súa banda, a Estudiantes tan só lle pitaron unha falta persoal nos primeiros nove minutos deste último cuarto. Pese a iso, foron capaces de impoñerse tamén neste último parcial, 23-26 para gañar así nos catro cuartos.
Con tres vitorias consecutivas, pero sobre todo con moi boas sensacións no xogo, Estudiantes camiña con paso firme na Liga Galega júnior masculina, na que recibirán na próxima xornada a un Basket Xiria que suma por derrotas os catro encontros disputados ata a data.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu