Tensión, emoción e premio para o Ensino

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino, Principal grande

Partidazo ante Rosalía no que as de Miguel López asinaron o pase para o seu cuarto Campionato de España consecutivo

 

ROSALÍA 41 – ENSINO 48

Ensino e Rosalía citábanse na segunda semifinal dos play off no Anexo. Terceiro contra cuarto na Liga Regular na que ambos empataron a 15 vitorias e 7 derrotas, pero nunha competición na que as compostelás gañaran ás lucenses.
Na Final A4 o Ensino, grazas ao subcampionato de Estudiantes, xogaba en casa polo que as forzas igualábanse ao máximo antes de empezar o encontro. Tralo salto inicial os prognósticos de igualdade confirmáronse, pero a mellor posta en escena do Ensino deulle as primeiras vantaxes, 10-18 ao final do primeiro cuarto e unha máxima no segundo de 12-24.
Co partido a piques de romperse o adestrador compostelán trocou o rumbo do encontro cun cambio defensivo, secando a Maite con defensa individual e propiciando un apagón no Ensino cun parcial de 11-0 que deixaba o marcador en 23-24 ao descanso.
O terceiro período foi de poder a poder, con intercambio de golpes á vez que subía o nivel de tensión e presión sobre a pista, chegándose aos últimos dez minutos con máis dous para Ensino.
No desenlace final as lucenses pecharon mellor o rebote e tiveron as pulsacións máis baixas en accións puntuais que decantaron o encontro ao seu favor nos derradeiros minutos dun partido que se converteu nunha oda ao baloncesto pero que terminou con final feliz.

 

“Fue un partido con muchos nervios y mucha tensión. Al final la victoria cayó de nuestro lado y todos nos pusimos muy felices”MIGUEL LÓPEZ Durán Maquinaria Ensino

También puedes leer!

Primeiro asalto da Copa Primavera

Cidade de Lugo e Saneamientos CB Sarria gañaron os encontros da xornada inaugural do torneo feminino. MGR Sarria e

Más...

O cuarteto lucense estreáse na Liga Galega de Preminibasket

María Auxiliadora e CB Sarria disputaron os seus primeiros encontros no Anexo, primeira sede da liga feminina. CB Sarria

Más...

Culleredo rachou a defensa mariñá

O Ría de Ribadeo viuse superado polo potencial ofensivo local   CULLEREDO 97 – CB RIBADEO 46 A posta

Más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu