A temporada despídese coa Copa

En 2ª División, 2ª División, Cadete, Cadete Feminino, Cadete Masculino

CB Ría de ribadeo e MGR Sarria quedaron primeiros nos seus respectivos grupos Os dous conxuntos concluíron o torneo sen perder ningún encontro copeiro  

A disputa da sexta e última xornada da Copa Primavera pechou a temporada para os equipos de Segunda División masculina. CB Ría de Ribadeo e MGR CB Sarria remataron a competición con pleno de vitorias e como primeiros clasificados dos seus respectivos grupos, configurados dacordo coas posicións que os equipos acadaron durante a Liga
Así, os ribadenses, terceiros na competición regular, acaban o torneo copeiro como campións.
Os de Sama non disputaron o partido da última xornada contra Estudiantes Azul, xa que se suspendeu, sen afectar á clasificación final.
No outro partido do Grupo, o Ensino pechou a temporada cunha vitoria tras impoñerse ao Carferlo CB Viveiro.
No Grupo II, o MGR CB Sarria, coa primeira praza asegurada desde a pasada semana, prolongou a súa boa xeira de vitorias ante un Sagrado Corazón, que acudiu ao encontro con só cinco xogadores dispoñibles.
Aínda así, os capitalinos saíron mellor á pista e asinaron un parcial de 2-9, que lles permitiría chegar con unha mínima vantaxe ao final do primeiro período.
O partido mantívose equilibrado no segundo cuarto. Así, ao descanso chegouse cun 30-30 no electrónico. Na segunda metade, o MGR Sarria acadou maior fluidez no xogo ofensivo o que, sumado a unha maior intensidade no rebote e a unha boa defensa no un para un, lle permitiron anotar puntos fáciles e lograr un parcial de 24-14, que desequilibrou o encontro. No último parcial, os sarriaos volveron impoñerse por tres puntos.
No outro partido do Grupo II disputado esta xornada, Estudiantes Rojo venceu a Oral Desing CB Sarria por 45 a 74, pechando a Copa con catro vitorias.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu