O tempo extra volveulle a dar a vitoria a Estudiantes ante Maristas

En 1ª División, Alevín, Principal

IAGO CASTRO – Estudiantes

“Cumplimos el objetivo de la primera fase. Ahora trabajaremos juntos para competir lo mejor posible en la segunda”

ÓSCAR ENGROBA – Maristas 

“Terminamos la primera fase a un buen nivel, pero tenemos que seguir mejorando a partir de ahora”

ESTUDIANTES 73 – MARISTAS 70

O derbi provincial da xornada citou a Estudiantes e Maristas, que no encontro da primeira volta fixeran unha oda ao baloncesto cun partido espectacular que se decidiu por un só punto na prórroga. No de volta, parecía imposible repetir a calidade e emoción dese encontro, pero a realidade volveu superar as expectativas.
Maristas, con dous xogadores premini nas súas filas pero co plus de calidade que lles deu o Teresa Herrera no parón de Nadal, sorprendeu aos estudiantís cunha gran posta en escena coa que tomaron o mando no marcador, cun 7-13 inicial de parcial.
No segundo reaccionaron os de Iago Castro para meterse de cheo no partido, cun 13-8. Pouco a pouco as defensas íanse impoñendo aos ataques cun gran esforzo colectivo co que se reducía o potencial anotador, 7-8 no terceiro parcial para chegar ao descanso cun axustado 27-29 que deixaba todo aberto de cara á segunda parte do encontro.
Un guión similar viuse tralo descanso, con dous periodos moi igualados ao comezo, 14-12 e 12-12 co que chegaban empatados ao último parcial.
O gran factor desnivelante do encontro chegou no ecuador deste último cuarto no que, tras dúas faltas case consecutivas, Julián, de Maristas, tivo que abandonar o encontro por acumulación de faltas.
Sen o seu xogador de referencia Maristas non baixou os brazos, pero Estudiantes empezou a ter máis protagonismo na pintura con Brais e Diego dominando o rebote. Pese a iso, Maristas conseguiu forzar o tempo extra, e na prórroga competiu ata o final ante un Estudiantes que desnivelou a balanza pola súa maior profundidade de banquiño na recta final dun encontro con todos os ingredientes que fan do baloncesto base un dos maiores espectáculos que se poden presenciar ao longo da fin de semana.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu