O tempo extra evitou a machada celeste

En 1ª División, Júnior, Junior Feminino

SISE PEINÓ – Estudiantes

“Felicidades a las chicas por su gran esfuerzo ante las campeonas gallegas”

ESTUDIANTES 59 – CELTA 63

O campión da Liga Galega júnior, o invicto Celta de Vigo, viuse contra as cordas ante Estudiantes nun partido que se decidiu na prórroga. De inicio o encontro estaba marcado polas ausencias en ambos conxuntos, xa que Sise Peinó non puido contar coas lesionadas Sara e Adriana, mentres que o Celta presentouse sen as súas dúas torres interiores.
Á marxe das ausencias a clave do encontro estivo na intensidade defensiva de Estudiantes, que deixou en tan só 17 puntos a todo un Celta na primeira parte, que finalizou con 24-17 no marcador.
A esperada reacción visitante non se fixo esperar na segunda metade, pero Estudiantes non lle perdeu a cara ao partido en ningún momento, 13-17 no terceiro parcial, e con máis tres iniciouse o último cuarto.
A falta de dous minutos o Celta púxose por primeira vez por diante no electrónico. Estudiantes reaccionou, empatou e tivo a última posesión para gañar, pero o balón non quixo entrar e o partido foise á prórroga. Nela, o Celta foi máis fiable, mentres que Estudiantes, malia facer un bo traballo, perdeu un par de balóns que resultaron determinantes no 59-63 final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu