Tan só a diferencia física puido cun gran Estudiantes

En 2ª División, Cadete, Cadete Masculino

IAGO CASTRO – Estudiantes 02

“Hemos dado todo lo que teníamos y estoy contento con el compromiso del equipo”

ESTUDIANTES 02 54 – ARTAI 70

A derrota de Estudiantes 02 no Anexo non empaña o gran encontro contra Artai, líder invicto no grupo norte da fase de Ascenso. Os celestes perderan en Carballo na xornada inaugural por 42 puntos, e neste encontro conseguiron reducir as diferenzas e competir en todo momento ante o conxunto herculino, físicamente moi superior ante o cadro de 7 cadetes de primeiro ano e 5 infantís co que contaba Iago Castro.
Logo de tres cuartos de equilibrio e igualdade o encontro rompeuse nos últimos 10 minutos, nos que Estudiantes comezou a acusar o baixo acerto no tiro exterior e custoulle máis facer un bo balance defensivo. Artai comezou a abrir unha vantaxe da que os celestes xa non se repuxeron, e o conxunto herculino levouse a vitoria co 54-70 final.
A vindeira xornada os de Iago Castro buscarán a súa segunda vitoria na fase en Santiago contra Obradoiro, que conta por derrotas todos os seus encontros.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu