Suma e segue dun Estudiantes que tamén sabe gañar sufrindo

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Nova vitoria dos de Nico Fernández nun partido dominado durante a primeira media hora, pero no que tiveron que poñerse o mono de traballo no último parcial

 

NOVOBASKET 48 – ESTUDIANTES 50

Estudiantes sumou en Vigo a decimocuarta vitoria consecutiva, mantendo o pleno de triunfos nesta segunda fase e manténdose invictos os de Nico Fernández no que vai de 2019. Polo que sen dúbida son o rival a bater nunha loita polo título Galego ao que optan catro equipos cando tan só faltan tres xornadas para finalizar a competición.Ante Novobasket o Estudiantes demostrou que sabe gañar xogando un gran baloncesto e sendo superior, pero que tamén ten capacidade para apertar os dentes e sufrir cando as cousas se torcen.
Coa concentración por bandeira e coas ideas claras impoñendo intensidade en cada acción, Estudiantes tomou as rendas do partido nos primeiros minutos cun parcial inicial de 7-14. No segundo cuarto os lucenses mantiveron o listón alto, pero Novobasket cada vez foise adaptando máis e mellor ao xogo celeste e mantívose no partido cun segundo parcial de 10-13 que deixaba o marcador en 17-27 ao descanso.
Na segunda parte Estudiantes volveu gañar o terceiro parcial, 7-11, pero as sensacións na pista xa non eran de tanta superioridade ante un rival crecido e que cun último cuarto espectacular no que tiveron calidade e acerto chegáronse a meter de cheo na loita polo partido.
Estudiantes soubo sufrir e manter o nervios para alzarse cunha vitoria que pode ser determinante na loita polo título de Liga, como tamén o será o próximo encontro ante Tui en Anexo.

 

“Victoria muy importante, sufrida pero merecida por el equipo. Competimos muy bien y también supimos sufrir cuando hizo falta” NICO FERNÁNDEZ Estudiantes Leyma

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu